Dobre podio para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo por equipos

Pontevedra
16 de xullo 2018

A escadra alimenticia foi a gran protagonista do campionato autonómico que se celebrou en Porriño, ao facerse co primeiro e o terceiro posto coas dúas formacións que puxo en liza

O Froiz, campión galego de contrarreloxo por equipos
O Froiz, campión galego de contrarreloxo por equipos / Grupo Deportivos Supermercados Froiz

A loita contra o crono ten un claro dominador en Galicia, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

A escadra alimenticia confirmouno cun sobresaliente papel no Campionato Galego de Ciclismo Contrarreloxo por equipos celebrado no Porriño.

Alí presentou o Froiz dous equipos compostos por cinco ciclistas, e ambos lograron subir ao podio de honra.

O triunfo levárono Guillermo García, Óscar Brea, Martin Lestido, Aaron Mariño e Aitor Bugarín, especialistas a maioría nesta disciplina, ao completar os 13,7 quilómetros de percorrido nun tempo de 15 minutos e 20 segundos, avantaxando en 49 segundos o equipo do CC Caeiro.

Pola súa banda a segunda formación o liza do  Froiz, composta por Abel Franco, Carlos Amil, Miguel Montero, Daniel Rodríguez e Jesús Pociña, completou o podio a un minuto dos vencedores.