Dobrete do Poio Pescamar nas copas galegas

Poio
27 de maio 2019

O club vermello foi anfitrión das fase finais infantil e cadete feminina, conseguindo levantar o título autonómico nas dúas categorías

Fase final das copas galegas infantil e cadete de fútbol sala en Poio
Fase final das copas galegas infantil e cadete de fútbol sala en Poio

Fin de semana redonda para as categorías inferiores do Poio Pescamar nas competicións de Copa Galega.

O Pavillón da Seca foi escenario das fases finais para as categorías infantil e cadete feminina, conseguindo o cadro vermello un sobresaliente dobrete.

No torneo de categoría infantil foron catro os equipos participantes, co propio Poio  Pescamar, o Fisober Dumbría, Viaxes Amarelle e FSF Castro. O rival das anfitrioas na final na final foi o último destes equipos, pero non puido coa motivación local e cedeu por un claro 7-2

Pola súa banda na final da Copa Galega en idade cadete, o Poio impúxose ao equipo da Fervenza por un apertado 1-0.