Fin de semana redonda para as categorías inferiores do Poio Pescamar nas competicións de Copa Galega.
O Pavillón da Seca foi escenario das fases finais para as categorías infantil e cadete feminina, conseguindo o cadro vermello un sobresaliente dobrete.
No torneo de categoría infantil foron catro os equipos participantes, co propio Poio Pescamar, o Fisober Dumbría, Viaxes Amarelle e FSF Castro. O rival das anfitrioas na final na final foi o último destes equipos, pero non puido coa motivación local e cedeu por un claro 7-2
Pola súa banda na final da Copa Galega en idade cadete, o Poio impúxose ao equipo da Fervenza por un apertado 1-0.