Domingo de ciclismo na cidade de Lérez coa terceira e última etapa da Volta a Galicia

Pontevedra
16 de setembro 2015

A carreira partirá ás 10:00 horas da Praza de España e finalizará no mesmo lugar pouco antes das 14:00 horas da tarde. Evaristo Portela cre que a Volta "adáptase moi ben ao Froiz porque somos un equipo de escaladores", sinalou o director na presención pontevedresa da proba

Presentación da terceira etapa da XIV Volta a Galicia
Presentación da terceira etapa da XIV Volta a Galicia / Mónica Patxot

Pontevedra prepárase para recibir o vindeiro domingo, 20 de setembro, ao mellor ciclismo amateur galego coa disputa da terceira e última etapa da XIV Volta a Galicia.

O pelotón partirá ás 10:00 horas do domingo dende a Praza de España, desde onde realizará un percorrido neutralizado pola cidade pasando por Michelena, Peregrina, Benito Corbal, Cobian Roffignac, Padre Amoedo, Bos Aires, Uruguai e ponte das Correntes para dirixirse a Poio.

A carreira seguirá por San Salvador, O Freixo, Curro, A Portela, Porráns, Moraña, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Catoira e Carril ata Vilagarcía, onde comezará o primeiro porto da xornada, o Monte Lobeira, entre as 11:41 e as 11:52 horas segundo o horario previsto pola organización.

Trala subida os ciclistas continuarán a marcha cara Ponte Arnelas, Leiro, Ribadumia e Barrantes, dondo iniciarán a ascensión a O Busto (entre 12:10 e 12:24 horas), seguindo por Samieira, Combarro e San Xoán dirección ao alto da Escusa (entre 12:32 e 12:49 horas).

O tramo final da etapa será de descenso cara a Pontevedra pasando de novo por O Busto, A Gándara, Mosteiro, Curro, A Portela e Lérez, desde onde entrarán na cidade desde a N-550 para dirixirse a Avenida de Compostela e realizar o percorrido inverso ao da saída rematando de novo na Praza de España, entre as 13:29 e as 13:50 horas.

Evaristo Portela: "É unha volta que se adapta moi ben o Froiz"

Un total de 18 equipo de categoría élite e sub-23 participan na Volta, entre eles todos os galegos e un Super Froiz que aspira ao triunfo, e é que o percorrido duro que se planificou, en especial o da segunda etapa en Manzaneda fai que "sexa unha volta que se adapta moi ben o Froiz", explicou o seu director Evaristo Portela, porque "somos un equipo de escaladores".

Portela comentou as posibilidades dos seus ciclistas na presentación da etapa pontevedresa, celebrada no Concello en presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e os ciclistas profesionais Gustavo César Veloso, Álex Marque e Óscar González Brea.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora