A edición 2025 da Épica Pontevedra de BTT contaxiou do seu espírito deportivo á comarca durante os días 7 e 8 de xuño.
A única proba de ciclismo de montaña en formato sen paradas que se organiza en Galicia reuniu máis de 200 deportistas divididos en categoría individual, parellas e equipos.
Todos eles afrontaron unha completa ruta de 100, 200 ou de 300 quilómetros pasando por Pontevedra, Caldas de Reis, Vilagarcía ou Catoria.
Foi unha edición que a nivel de resultados contou con dominio portugués.
Na categoría de 100 quilómetros, disputada unicamente en formato individual, a vitoria foi para Brandán Márquez (Vbikes Team) cun tempo de 4 horas, 46 minutos e 52 segundos, seguido de Yago Souto (CC Ribadumia) con 5:31:21 de Ángel Álvarez (Bici Verde) con 6:07:01, segundo e terceiro respectivamente.

Na modalidade de 'Ebike' gañou Edwin Vivanco (CDM Xesteiras) cun tempo de 6 horas, 2 minutos e 26 segundos.
Pasando aos 200 quilómetros individual, o vencedor Diogo Graça cun tempo de 9:35:41, con Francisco Fernandes segundo (10:32:24) e Luís Salgado terceiro (10:32:28), mentres que en remudas se impuxeron Alejandro Juncal e Jesús Fernández (11:07:12).
No 200 quilómetros dual, a vitoria foi para Filipe Campos e Rodrigo Miranda cun tempo de 9:45:35.
Por último nos 300 quilómetros por substitucións o triunfo foi para Casa do Povo de Abrunheira cun tempo de 14:04:59, e na modalidade individual impúxose Bruno Miguel Rosa cun tempo de 16:33:34.