Despois de gañar o primeiro partido fronte ao Coruxo por dous a cero, o Pontevedra trasládase á Malata acompañado de dous autobuses cheos de afección granate para tentar lograr a segunda victoria consecutiva da tempada.No partido enfrontarase a un Racing de Ferrol que vén ferido tras perder contra o San Sebastián de los Reyes na primeira xornada de liga.
Durante a previa para o enfrontamento contra o Racing, Luismi, técnico granate, destacou o talento e a experiencia dos xogadores racinguistas Dani Abalo e Álex López, ademais do balón parado de Joselu e Pablo Rey e a súa capacidade para desnivelar o partido en calquera acción.
Este segundo partido de liga e derbi galego, celebrarase este sábado ás 20:00 horas nun estadio que Luismi espera que se tinga de granate, punto importante para enchufar á afección despois dos tres primeiros puntos logrados a fin de semana pasada e así "conseguir que a cidade se volva a ilusionar co equipo" para esta nova tempada.