Ao longo dos anos adóitanse repetir os episodios que se viven na Lomba. Os afeccionados moi esixentes póñense nerviosos cando o seu equipo da alma non ten un bo dia. Ata tal punto que comezan a increpar o adestrador local, criticando a formulación que o mister expón no terreo de xogo e niso sempre aparece o comentario intelixente doutro afeccionado, esperando que se limite a axudar o equipo que é o que máis necesita. "Sal ti ou campo e dirixe o equipo valente". E o "valente" que durante todo o partido mostrou o seu enfado cambia de rexistro en pouco máis dun minuto.
Exactamante no espazo de tempo que vai do minuto 76 ao 78 de partido, cando Quique Cubas, primeiro (con dedicatoria ao seu pai presente no seu aniversario), e Javi Pazos case a liña seguida lle deron a volta a un partido que se habia complicado moi moito co gol visitante marcado por Adan no minuto 58.
ÿ difícil determinar se o resultado se pode entender como xusto, pois se houbo un equipo con intención e ganas de levarse os tres puntos ese foi o Bertamiráns. A súa posición de último para nada se vió reflectida na formulación valente do míster visitante, mentres os arlequinados continúan sen encontrar o compás que lle permita un rumbo correcto.
Non obstante, a súa situación na táboa permite pensar os seguidores que coa mellora do xogo se intensificará a consistencia do equipo, sobre todo para contentar aos afeccionados esixentes.
Os primeiros 30 minutos foron de dominio claro dos visitantes, que fixeron traballar a fondo a Jorge Pérez, ata convertelo no mellor do equipo arlequinado. O conxunto visitante dispuxo dun penalti, por mans de Nano, que detivo o meta local, adiviñando o lanzamento de Saro.
Piscis moveu ficha e deu entrada a Javi Pazos por Nano, pasando a xogar con defensa de tres e a aposta funcionoulle, pois o Arosa pasou de dominado a dominador. E para non ser menos que o seu rival tamén fallou un penalti, cometido por Bruno e que lanzou Adrián Camiño, parando o meta José.
O dominio do Arosa na segunda parte viuse neutralizado por unha boa contra visitante, con roubo de Jony e gol de Adán, que adiantaba ao Bertamiráns á vez que obrigaba ao conxunto local a unha remontada que chegou en apenas dous minutos cos goles de Quique Cubas e Javi Pazos. Logo o control local foi absoluto, e mesmo puido chegar o terceiro tanto.
AROSA SC (2): Jorge Pérez; Juanjo (Vixo, min. 60), Nano (Javi Pazos, min. 32), Martín, Alfonso, Rivas, Yago Pérez, Adrián Camiño, Nando, Eloy (Santi, min. 60) e Quique Cubas.
BERTAMIRÁNS FC (1): José; Puyi, Bruno (Ánder, min. 80), Fernando, Otero, Jony, Alfonso (Richi, min. 85), Saro, Jesús, Diego (Jaime, min. 70) e Adán.
Árbitro: José Antonio Fernández Rodríguez (Ourense), auxiliado nas bandas por José Daniel Rodicio González e Daniel González González. Amoestou a Nando, Yago Pérez e Javi Pazos, polo equipo local e a Bruno e Jony, polo Bertamiráns.
Goles: (0-1) Minuto 58: Adán. (1-1) Minuto 76: Quique Cubas. (2-1) Minuto 78: Javi Pazos.
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 650 espectadores.