Duro castigo para Alberto Gil pola súa polémica expulsión no partido de liga contra o Lugo en Pasarón.
A pesar das dúbidas xeradas pola acción que supuxo o seu cartón vermello directa, o Xuíz Único do Comité de Competición impuxo unha sanción de dous encontros ao futbolista granate.
Xustifícao por "actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros", sinala a resolución feita pública este mércores.
Cabe lembrar que a colexiada do encontro ante o Lugo explicou na súa acta que Gil foi expulsado "por dirixirse a min nos siguentes termos en sinal de protesta - Isto é unha vergoña!".
Unha versión que dista moito da ofrecida polo club granate.
De feito Rubén Domínguez afirmou en rolda de prensa que "expulsaron a Alberto Gil inventando. Non sei o que porán na acta, pero foi Manu Barros o que tira unha botella, non Alberto Gil".
A sanción xa se daba por segura na casa granate dado o difícil que supuña un recurso que desacreditase a palabra do equipo arbitral, tendo en conta que ao non reflectirse ese botellazo referido e si unha suposta desconsideración antollábase imposible demostrar un erro manifesto na valoración da acción.
Co que non se contaba é que con que o castigo fose de dous encontros, o que suporá que o futbolista perda os partidos contra o Osasuna Promesas e tamén o de Unionistas en Pasarón.
Competición confirmou ademais a suspensión por unha xornada de Miki Bosch por acumulación de amoestacións.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.