Dous xogadores do Cisne, cos Hispanos Júnior

Pontevedra
26 de febreiro 2025
Actualizado: 14:31

Marko Ojeda e Alberto Delgado foron citados polo seleccionador nacional e ex-preparador cisneísta, Jabato, para participar no Torneo Pierre Tiby en Francia

Marko Ojeda, no partido de División de Honra Prata entre Cisne e EON Alicante
Marko Ojeda, no partido de División de Honra Prata entre Cisne e EON Alicante / Cristina Saiz

A Selección Española Júnior volveu a fixarse no traballo do Club Cisne Balonmán.

O seleccionador dos Hispanos Júnior, o ex-cisneísta Javier Fernández 'Jabato', citou dous xogadores do club pontevedrés para a próxima concentración internacional.

Será a segunda convocatoria de 2025, na que afrontarán o Torneo Pierre Tiby na localidade francesa de Montévrain para preparar o próximo Campionato do Mundo da categoría, que terá lugar no verán en Polonia.

Na lista de España atópanse o lateral dereito Marko Ojeda e o extremo dereito Alberto Delgado, pezas importantes do Cisne na División de Honra Prata.

Ambos os dous deberán incorporarase á concentración o próximo 10 de febreiro, tras o partido da xornada 23 na que o Cisne recibirá no Municipal o Sinfín.

Non perderán ningún compromiso de liga, posto que a División de Honra Prata parará esa semana e non volverá á competición ata o sábado día 22.

No que respecta aos Hispanos Júnior, no Torneo Pierre Tiby debutarán ante Islandia o día 13 de marzo ás 17.30 horas.

Dependendo do resultado, terán un segundo partido o sábado 15 de marzo fronte a Francia ou Hungría.