A Selección Española Júnior volveu a fixarse no traballo do Club Cisne Balonmán.
O seleccionador dos Hispanos Júnior, o ex-cisneísta Javier Fernández 'Jabato', citou dous xogadores do club pontevedrés para a próxima concentración internacional.
Será a segunda convocatoria de 2025, na que afrontarán o Torneo Pierre Tiby na localidade francesa de Montévrain para preparar o próximo Campionato do Mundo da categoría, que terá lugar no verán en Polonia.
Na lista de España atópanse o lateral dereito Marko Ojeda e o extremo dereito Alberto Delgado, pezas importantes do Cisne na División de Honra Prata.
Ambos os dous deberán incorporarase á concentración o próximo 10 de febreiro, tras o partido da xornada 23 na que o Cisne recibirá no Municipal o Sinfín.
Non perderán ningún compromiso de liga, posto que a División de Honra Prata parará esa semana e non volverá á competición ata o sábado día 22.
No que respecta aos Hispanos Júnior, no Torneo Pierre Tiby debutarán ante Islandia o día 13 de marzo ás 17.30 horas.
Dependendo do resultado, terán un segundo partido o sábado 15 de marzo fronte a Francia ou Hungría.