Dúas caras dun Cisne que se afunde na segunda parte en Alcobendas (30-23)

Pontevedra
16 de xaneiro 2016

Os de Edín Covelo mandaron nunha excelente primeira parte, para afundirse na segunda ata o punto de que Alcobendas rozou ademais da vitoria dar a volta ao parcial entre ambos os equipos, que finalmente salvou o equipo branco por un só gol

Partido entre Alcobendas e Cisne no Pabellón de los Sueños
Partido entre Alcobendas e Cisne no Pabellón de los Sueños / PontevedraViva

Buscaba o Cisne a súa cuarta vitoria consecutiva para conseguir un importante colchón de puntos sobre os postos de descenso, pero regresa de baleiro de terras madrileñas, onde o Alcobendas sacouse a espiña do sucedido en Pontevedra na primeira volta, nun partido con dúas caras ben distintas.

Os de Edín Covelo mandaron nunha excelente primeira parte, para afundirse na segunda ata o punto de que Alcobendas rozou ademais da vitoria dar a volta ao parcial entre ambos os equipos, que finalmente salvou o equipo branco por un só gol.

Foi unha gran primeira parte. Con dous equipos entregados en busca da vitoria e cun protagonista, o porteiro visitante, Pablo Galán, que o parou case todo, facendo bo o traballo dos seus compañeiros.

O Cisne chegou a dispoñer dunha máxima vantaxe de catro goles (6-10, minuto 18), aínda que Alcobendas reaccionou nos últimos minutos antes do descanso, para retirarse a vestiarios cun mínimo 11-12 en contra que deixaba todo por decidir.

Pero ese descanso non sentou ben aos pontevedreses, que en apenas oito minutos encaixan un parcial desfavorable de 6-1 para situarse a catro por baixo do conxunto local (17-13).

Se na primeira parte fora Pablo Galán o xogador máis destacado, na segunda o protagonismo pasou á portería contraria, onde Manolo Rodríguez parouno todo, incluíndo ata 6 penaltis lanzados polos pontevedreses, que xa non volveron ter opcións de remontar.

As diferenzas foron crecendo, tanto que Alcobendas chegou mesmo a igualar (28-20) a encaixada no partido inaugural de liga no CGTD (31-23). Afortunadamente o Cisne reaccionou timidamente con goles de Pablo Vidal e Álex Chan (2), para rebaixar a cifra e chegar ao final cunha derrota por sete de diferenza (30-23), salvando polos pelos o parcial favorable cos madrileños.

Consulta aquí as estatísticas completas do partido.