Continúan os movementos nas filas do Club Cisne Balonmán con dúas novas renovacións.
Trátase dos dous canteiráns Diego López e Martín Santos.
O primeiro deles, extremo dereito, empezou a xogar no equipo cisneísta en categoría benxamín até chegar ao sénior, onde se asentou grazas ao seu "traballo, compromiso e sacrificio".
No caso do extremo esquerdo Martín Santos, sempre soñou "con xogar cos maiores", algo que, segundo o club, conseguiuno coa súa "entrega, talento e esforzo".
🎯 𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 | 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗶́𝗻 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼𝘀 seguirá no Club Cisne Balonmán unha tempada máis.
— Club Cisne Balonmán (
🤾♂️ Soñou de canteirán con "𝑗𝑢𝑔𝑎𝑟 𝑐𝑜𝑛 𝑙𝑜𝑠 𝑚𝑎𝑦𝑜𝑟𝑒𝑠", e conseguiuno coa súa entrega, talento e esforzo. 🙌#VamosCisne pic.twitter.com/sducI11MxeClubCisneBalonm) June 28, 2025
Os dous canteiráns súmanse a un persoal na que estarán os recentemente fichados Yago López, Álex López, o portugués João Ferreira e o brasileiro Guilherme Linhares, e os renovados Abián Rodríguez, Roney Franzini e Iván Calvo.
No club non continuarán nin o xogador Carlos Morales nin o o preparador e readaptador físico Javier Carballo.