Duelo ante un rival directo pola permanencia na primeira saída da tempada para o Teucro

Pontevedra
11 de setembro 2015

O equipo azul visita este sábado (18:00) a pista do Go Fit Sinfín cántabro coa ilusión de lograr o seu segundo triunfo consecutivo e poñer distancia cos postos de descenso desde o inicio da liga. Samu Gómez, dúbida nos pontevedreses  

Balenciaga durante un adestramento do Teucro
Balenciaga durante un adestramento do Teucro /

Coa moral polo alto pero con ganas de máis. Así afronta a Sociedad Deportiva Teucro o seu primeiro desprazamento da tempada, á pista dun dos seus rivais directos pola permanencia, logo de empezar a liga con vitoria.

Os azuis visitan este sábado (18:00 horas) ao Go Fit Sinfín, equipo tamén recentemente ascendido á máxima categoría. Será de feito o primeiro partido da historia dos cántabros en Asobal, algo que preocupa a Quique Domínguez porque "querrán hacerlo bien".

Son dous vellos rivais que "nos conocemos bien", explica o técnico, e é que o Sinfín "mantiene las señas de identidad del año pasado y la práctica totalidad de la plantilla", cunha defensa 6-0 sólida e un rápido contraataque que lles serviu para impoñerse ao Teucro en Santander.

Pero o deste ano é outra historia, e pese a que "sabemos que fuera de casa nos va a costar muchísimo" o optimismo reina nun vestuario azul que "llega muy mentalizado", segundo Quique Domínguez.

O adestrador pontevedrés conta coa dúbida ata última hora de Samu Gómez, que segue mermado físicamente por problemas no xeonllo.

O encontro será arbitrado polos madrileños Hermoso del Amo e Monjo Ortega.