O Tenis de Mesa Monte Porreiro encaixou este domingo no Príncipe Felipe unha nova derrota, a quinta no que vai de liga, fronte a dúas vitorias e un empate nas oito xornadas disputadas.
Enfrontouse ao Universidade de Burgos, nun duelo no que as cousas non saíron nada ben e terminaron cedendo por 0-4.
Alberto Pérez cedeu por 0-3 contra Anthoy Tran, Martín Bentancor contra Damien Roland por 1-3, Nico Galvano perdeu 2-3 contra Daniel Berzosa e, por último, Pérez caeu contra Roland por 0-3.
Duro revés do Monte Porreiro, que baixa á décima posición a só dous puntos do descenso. Penúltimo é o Parla, con 3 puntos, e último o Murcia, con 2.
Consulta a acta do partido nesta ligazón