Dura derrota para despedir o ano do Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
19 de decembro 2023

O conxunto pontevedrés viuse superado con claridade polo AE Santa Eulalia (3-15) e despídese do ano 2023 na sexta posición do seu grupo de competición na Primeira Nacional

Partido de Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas

Terceira derrota consecutiva do Club Waterpolo Pontevedra na Primeira Nacional Feminina na que era a última xornada de competición do ano.

O club pontevedrés, minguado por baixas como a da súa xogadora Valentina, viuse claramente superado na Escola Naval polo AE Santa Eulalia (3-15).

As xogadoras adestradas por Kike Pérez, cunha rotación escasa, loitaron para manterse no partido no parimer parcial (1-3) pero despois no ecuador do encontro quedaron sen cambios debido a expulsións, poñendo imposible a remontada.

O marcador disparouse ao descanso (1-7) e seguiu crecendo nos últimos minutos para confirmar a derrotafrente ao terceiro clasificado.

Con este resultado o Waterpolo Pontevedra marcha ao parón do Nadal na sexta posición do seu grupo con 8 puntos, empatado co Dos Hermanas e con dous puntos máis que o último clasificado, un Club Waterpolo Elx que será o seu rival no primeiro encontro de 2024, o día 13 de xaneiro e a domicilio.