Duro castigo para o Leis na cancha do Albense (6-0)

Pontevedra
13 de febreiro 2017

O equipo pontevedrés encaixou unha avultada derrota e non logra escapar dos postos baixos da clasificación

Partido entre o Leis e o Noia no Pavillón Municipal
Partido entre o Leis e o Noia no Pavillón Municipal / Diego Torrado

Pau para o leis Pontevedra no seu desprazamento da fin de semana a Alba de Tormes (6-0). 

Os pontevedreses cederon de maneira avultada no marcador, pero o resultado non reflicte o sucedido na pista, cun Leis que co encontro en contra envorcouse nos últimos minutos con porteiro-xogador encaixando tres goles no últimos cinco minutos.

Viaxaban os de Manu Cossío á cancha do Albense mermado polas baixas de Pablo Durán, Borja e Fiou, que se notaron no seu xogo.

A primeira metade do Leis non foi boa e os locais aproveitaron para, con dous golpes, poñerse dous goles arriba nos primeiros 10 minutos.

Tras o descanso os pontevedreses melloraron, pero sen fortuna na definición ata que o Albense marcou o terceiro no 32. Co partido en contra Cossío tentou reaccionar xogando de cinco, pero chegaría a sentenza local.

Este resultado deixa ao Leis na penúltima posición da Segunda B de fútbol sala con 10 puntos.