E o gañador é... Pontevedra-Lorca do ano 2004, o ascenso a Segunda División

Pontevedra
06 de abril 2020

A segunda canle da Televisión de Galicia redifundirá a próxima fin de semana uno dos partidos de mellor recordo na historia recente dos afeccionados granates, o que supuxo o último ascenso do Pontevedra á Segunda División do fútbol nacional

Celebración do ascenso do Pontevedra CF a 2ª División en 2004
Celebración do ascenso do Pontevedra CF a 2ª División en 2004 / PontevedraViva

Os afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol teñen a próxima fin de semana unha cita obrigada diante do televisión, que lle fará revivir un dos recordos máis bonitos da historia recente do club granate, o seu último ascenso á Segunda División Nacional.

A segunda canle da Televisión de Galicia (TVG2) redifundirá o partido do 27 de xuño de 2004 entre Pontevedra e Lorca, despois do resultado dunha enquisa promovida polo programa En Xogo e que pretende con estes choques históricos dos equipos galegos alegrar na medida do posible os días de confinamento.

A opción do Pontevedra-Lorca acumulou o 51,6% dos votos dos afeccionados, seguido do Oviedo-Pontevedra do paly-off de ascenso de 2010 (29%) e por último do duelo de Copa do Rei fronte ao Real Zaragoza en 2007 (19,4%). Todo iso habendo participado 639 seguidores na enquisa.

Elixido o partido, agora toca esperar por coñecer a data exacta de emisión. Será a próxima fin de semana, aínda que ata este mércores día 8 a canle autonómica non confirmará en que lugar da súa grella televisiva o coloca. Vaian collendo sitio e preparándose para revivir aquel bonito momento.