Echegoyen e Barceló, oitavas no Mundial de vela a falta de seis mangas por disputarse ata a Medal Race

Pontevedra
13 de agosto 2023

O Campionato do Mundo de Vela Olímpica arrincou este venres na Haia (Países Baixos) coa participación do equipo olímpico español no que se atopa Támara Echegoyen, que busca, xunto á mallorquina Paula Barceló, quedar entre as dez mellores tripulacións e clasificar a España para os Xogos Olímpicos de París 2024  

Támara Echegoyen e Paula Barceló, durante unha regata
Támara Echegoyen e Paula Barceló, durante unha regata / World Sailing

O Campionato do Mundo de Vela Olímpica arrincou este venres na Haia (Países Baixos) coa participación do equipo olímpico español no que se atopa Támara Echegoyen, que busca, xunto á mallorquina Paula Barceló, quedar entre as dez mellores tripulacións e clasificar a España para os Xogos Olímpicos de París 2024.

Con todo, a competición non arrincou do todo ben para a clase 49erFX e, en especial para Echegoyen e Barceló, que tras a primeira proba ocuparon a décimo sétima praza despois de realizar un irregular 6-11-7 no seu grupo.

O segundo día as cousas melloraron para as españolas, que cun 3-2-4 nas mangas do sábado, subiron dun décimo sétimo a un quinto peldaño na clasificación xeral para clasificar, momentaneamente, ao barco español para Paris 2024.

A xornada do domingo foi de menos a máis para Echegoyen e Barceló, que iniciaron o día cun undécimo posto na primeira manga para ir escalando aos poucos e realizar unha sétima e unha cuarta posición que lles permite quedar no oitavo posto da xeral unha vez rematas as nove primeiras mangas.

Este luns será día de descanso para as españolas, pero o martes volverán á carga para non perder o ritmo e clasificar a España para a competición olímpica. Pola súa banda, a Medal Race está prevista para o venres día 18.