Edu Moledo regresa á convocatoria do Teucro para partido de liga en Xixón

Pontevedra
11 de novembro 2016

Os azuis buscarán este sábado (20:00 horas) na cancha do Gijón Jovellanos a súa sexta vitoria consecutiva na División de Honra Prata de balonmán tras unha semana sen competición que lles serviu para recuperar efectivos

Edu Moledo durante o partido entre Teucro e Covadonga
Edu Moledo durante o partido entre Teucro e Covadonga / Diego Torrado

A Sociedad Deportiva Teucro retoma a liga na División de Honra Prata coa intención de sumar o seu sexto triunfo consecutivo e seguir axexando os primeiros postos da clasificación.

Despois dunha semana sen competición que lles serviu aos azuis para recuperar efectivos, o equipo visita este sábado (20:00 horas) a pista do "irregular" ata o momento Gijón Jovellanos.

Esta traxectoria dos asturianos, penúltimos con tres puntos, fai que o cadro teucrista queira evitar un excenso de confianza. "Es verdad que están en una mala racha pero es los hace si cabe más peligrosos", sinalou o gardameta Lloria.

Quique Domínguez pola súa banda recoñece que "a priori no me espero un partido fácil" xa que "en casa están mejor que fuera" e van ter que ir con "la mentalidad de pelear el partido".

A boa noticia para o técnico pontevedrés é a volta á convocatoria de Edu Moledo tras a lesión que lle tivo fóra das canchas durante as últimas xornadas, polo que as únicas baixas serán as de Saúl Campo e Rial.

O partido en Xixón estará arbitrado polos colexiados navarros García San Martin e Roy Añón.