Edu Sousa, un seguro dende os once metros

Pontevedra
03 de marzo 2015

O gardameta do Pontevedra detivo o domingo ante o Silva o seu terceiro lanzamento dende o punto de penalti da tempada dos 4 que lle lanzaron. ÿ o porteiro menos goleado do Grupo 1 da Terceira División

Edu Sousa detén un penalti no partido ante o Rápido de Bouzas
Edu Sousa detén un penalti no partido ante o Rápido de Bouzas

Boa parte dos tres puntos que o Pontevedra logrou o domingo na Coruña radicaron no penalti que detivo o seu gardameta Edu Sousa aos 16 minutos de partido, con empate a cero no marcador.

Edu adiviñou a intención de Kata para manter a igualada e non dar ás a un Silva que a punto estivo de rabuñar un punto ante o líder.

Non é a primeira vez esta tempotada que o arqueiro granate se mostra acertado dende os once metros, e é que se está a converter nun verdadeiro especialista nesta materia.

Dos catro lanzamentos de penalti con Edu na portaría, o porteiro do Pontevedra detivo tres deles, un 75% de acerto.

Só Remeseiro, dianteiro do Deportivo B, logrou bater a Sousa nesta sorte na derrota por 2-1 dos granates en Abegondo  tras un penalti por man de Campillo case no último minuto de partido.

Os outros dous lanzamentos de penalti producíronse no mesmo partido, o empate a un tanto ante o Rápido de Bouzas en Pasarón, na xornada 16. Aquel día Edu detivo dúas penas máximas, nos minutos 53 e 62, permitindo aos granates sumar polo menos un punto.

O gardameta é ademais o zamora do Grupo I da Terceira División, tras encaixar 14 goles en 22 partidos. Comezou a liga como titular, pero Lloves substituíuno na quinta xornada ata que a chegada de Luisito (xornada 10 ante o Boiro) lle devolveu o seu lugar baixo paus.

En canto á estatística dende os once metros, os colexiados sinalaron dous penaltis a favor do Pontevedra no que vai de tempada, na xornada 1 ante o ÿrdenes e na 24 ante o Ribadumia. Ambos os dous remataron en gol trasnformados por Jorge e Mouriño respectivamente.