O Club Bádminton Ravachol Pontevedra pechou o capítulo de renovacións para o seu segundo proxecto na División de Honra coa continuidade de tres xogadores: Elena Fernández, Pablo Sanmartín e María Torres.
Con este movemento o conxunto pontevedrés logrou manter grande parte do bloque da pasada campaña, do que só caen Martín Barbado, que xogará cedido nun equipo de Primeira Nacional aínda por definir, e Noelia Gestoso e Miguel Serrano por estudos.
Para suplilos xa se anunciou a fichaxe de Jacobo Fernández ao que se suma a promoción ao primeiro equipo de de o canteirán Xosé Manuel García. Ademais o Ravachol traballa en pechar dúas fichaxes máis, un para a estrutura feminina e outro para a masculina, coas que pretende aumentar as súas opcións de lograr a permanencia na máxima categoría.
Deste xeito, e a falta deses dous último reforzos, o plantel do Bádminton Pontevedra queda composta por Manuel Brea, Alejandro Nogueira, Javier Sánchez, Jacobo Fernández, Gabriel Fernández, Luke Pearce, Pablo Sanmartín e Xosé Manuel García na parte masculina e Ana Carbón, Georgina Bland, Elena Fernández, María Torres, Raquel Miguens e Ania Setién na feminina.
BRONCE NUN MÁSTER NACIONAL SUB-15
Á espera de iniciar a liga, o Bádminton Ravachol contou con representación a fin de semana no Máster Nacional Sub-15 celebrado na localidade aragonesa de Alfajarín, na que o seu canteirán Martín Nistal conseguiu unha meritoria medalla de bronce en dobres masculinos xunto ao asturiano Alejandro Valdés.