O Poio Pescamar pode presumir de ter baixo paus á mellor porteira de toda a Primeira FS Iberdrola na tempada 2025/26, Elena González.
Este galardón chega tras asinar unha extraordinaria tempada con protagonismo en numerosos encontros e un destacado papel con España no Mundial de Filipinas.
De feito, o seu nome xa figurou entre as oito nomeadas a mellor porteira do mundo de 2025 nos prestixiosos premios que outorga JAKO Futsal Planet.
É por iso que a RFEF a incluíu como unha das cinco candidatas a este galardón nacional xunto a outras gardametas de máximo nivel como Bea Parrón, do Futsi Navalcarnero; Cristina García, do STV Roldán; Ana Eliza, do Burela Futsal; e Bia da Silva, do Melilla Torreblanca.
🛑 Prohibido o paso!
— Futsal RFEF (
😍 Elena, elixida mellor porteira da tempada cos vosos votos #PrimeraIberdrolaFS pic.twitter.com/WaVU0tF6AQFutSalRFEF) July 14, 2026
Os votos do público a través das canles oficiais de Futsal RFEF ditaron sentenza e decidiron que debía ser a porteira do Poio Pescamar quen recibise o premio a mellor gardameta da tempada.
Este galardón responde ao seu gran rendemento sobre a pista e explica, ademais, o gran momento de forma que atravesa Elena aos seus 27 anos de idade.
É tamén un signo inequívoco da gran saúde da que goza o conxunto poiense na súa portaría cunha gardameta de máximo nivel como é a segoviana e coa nova promesa Yanira, que segue os pasos da súa compañeira.
Ambas defenderon con moito acerto as redes da Seca durante esta tempada e seguirano facendo, polo menos, até o ano 2028.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.