Emilio Larraz, adestrador do Racing de Ferrol: "O Pontevedra fixo un moi bo plantel, igual que nós"

Pontevedra
16 de outubro 2020

O técnico racinguista compareceu este venres en rolda de prensa para valorar o debut ligueiro ante o Pontevedra, equipo do que recoñeceu "os ollos vánseche á parella de dianteiros", en referencia á dupla composta por Charles e Rufo

Emilio Larraz, en el partido entre o Pontevedra e o Racing de Ferrol en Pasarón
Emilio Larraz, en el partido entre o Pontevedra e o Racing de Ferrol en Pasarón / Diego Torrado

O adestrador do Racing de Ferrol, Emilio Larraz, compareceu este venres ante os medios de comunicación para valorar o inicio de liga do seu equipo, que se enfrontará ao Pontevedra Club de Fútbol este domingo na primeira xornada da competición.

Para o técnico dos ferroláns, "o Pontevedra fixo unha moi bo plantel, igual que nós, e ten moi bos xogadores, igual que nós", recoñeceu aínda que restando transcendencia ao derbi porque "creo que temos que tomárnolo coa ilusión de que comeza a tempada e polo obxectivo, pero non temos que pensar que é máis ou menos difícil que o resto de partidos".

Segundo Larraz "sería tonto non dicir que os ollos se che van á parella de dianteiros", sinalou en referencia á dupla ofensiva dos granates, composta por Charles e Rufo, "pero isto é deporte colectivo e se non tivesen detrás un bloque con xente que sabe de que vai de pouco valería".

Emilio Larraz: "Creo que somos dous planteis bastante similares, cada un coas súas cousas, pero temos máis similitudes que diferenzas"

O adestrador do Racing espera un duelo competido, sobre todo porque "creo que somos dous planteis bastante similares, cada un coas súas cousas, pero temos máis similitudes que diferenzas", explicou en referencia á estrea ligueira na Malata, sinalando que lle gusta "que os meus equipos sexan ordenados e cunha boa mentalidade competitiva".

O que non esconde o máximo responsable da parcela deportiva racinguista é que o obxectivo do seu club, xa que "tanto por potencial de plantel como outras potencialidades creo que empeza a estar preparado para ser aspirante ao ascenso".

Emilio Larraz non poderá contar para o duelo fronte ao Pontevedra con Quique Fornos por sanción e tampouco con Dani Nieto, que se queixou esta semana dunha lesión no xeonllo. A pesar desas baixas "creo que se fixo un bo equipo e chegamos en condicións de poder competir desde o primeiro día", sinalou. 

A batalla sobre o verde da Malata está servida.