Emoción nas primeiras roldas do Torneo Internacional Junior de Tenis de Sanxenxo

Sanxenxo
20 de outubro 2021

Os primeiros partidos disputados nas pistas do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo deixaron as primeiras sorpresas, coa eliminación dalgúns cabezas de serie

Primeiras roldas do 19º Torneo Internacional Júnior de Tenis de Sanxenxo CCD Sanxenxo

Primeiros partidos da fase final e primeiras sorpresas no 19º Torneo Internacional Júnior de Tenis de Sanxenxo.

As pistas do Círculo Cultural Deportivo acolleron xa os encontros de primeira rolda, fóra dos tenistas procedentes da previa.

No cadro individual masculino o pontevedrés Iago Domínguez foi superado polo xaponés Jay Friend (6-2 e 6-2). Tamén saltaron á pista Emilio Sánchez, fillo do maior da saga Sánchez Vicario, que non foi capaz de gañar a Koshis; e Álex Verdasco, curmán do tenista profesional, caendo en primeira rolda ante Arthur Gea por un dobre 6-1. Ademais o polaco Marce Kamrowski deu a sorpresa derrotando ao cabeza de serie número seis, o rudo Gorokhov (6-4, 7-6).

Pola súa banda no cadro feminino a danesa Munk venceu á sexta favorita e campioa de España, Raquel González, por 6-3 e 6-2, mentres que a británica Ranah Stoiber superou á segunda cabeza de serie por un dobre 6-3. Pola súa banda dúas das tenistas galegas invitadas pola organización, Eva Álvarez e Sara Martínez, non lograron avanzar a segunda rolda ao perder respectivamente contra a rusa  Gureva e a checa  Klimovicova.