As Festas da Peregrina desvelaron todos os seus segredos. O Concello anunciou este luns a programación completa da semana grande das festas de Pontevedra.
E, como é habitual, os concertos que se repartirán entre a Praza de España e a Praza da Ferrería acaparan todas as miradas. Iso si, a maior parte xa foran desvelados.
Miguel Ríos, Pastora Soler, Sidecars, La Casa Azul ou C Marí serán as referencias musicais destas festas, con permiso do concerto sorpresa que, un ano máis, está no programa.
O seu protagonista será revelado en próximas semanas.
A eles súmase, entre outros, as bandas galegas De Vacas e Alana ou os espectáculos de La Edad de Oro del Pop Español, Fran Sieira báilalle a Caamaño & Ameixeira, Érase outra vez - O musical e Los 40 Sessions
Haberá ademais o tradicional festival de corais, a batalla de flores, actividades infantís na Praza Arturo Souto e concertos da Orquestra Sinfónica de Pontevedra e da Banda de Música de Salcedo
Entre as novidades destacan un espectáculo de humor con Carlos Blanco, Touriñán, Leti dá Taberna e Luís Davila e outro de maxia con Pedro Volta á cabeza.
Os principais actos da programación para as Festas da Peregrina 2026 son:
SÁBADO 8
- 12:00 horas. Casa do Concello. Lectura do pregón desde a balconada
- 13:15 horas. Praza de España. Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral ata o santuario da Virxe Peregrina
- 13:45 horas. Prazas do centro histórico. Actuación das agrupacións folclóricas Turoqva, Os de Algures, Duos Pontes, Pola Vila e Celme
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Actuación de BenQuerer, Fran Sieira báilalle a Caamaño & Ameixeiras, de Fran Sieira Compañía de Danza
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto sorpresa
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena coa orquestra Atracción Cabaret
- 00:00 horas. Entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago. Espectáculo pirotécnico
DOMINGO 9
- 21:00 horas. Praza da Peregrina. Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas
- 22:00 horas. Praza da Ferrería. Concerto de Alana
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto de La Casa Azul
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena co Grupo Talismán
LUNS 10
- 19:30 horas. Praza de Arturo Souto. Concerto infantil de Xavi Lozano: Tubos do mundo
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Concerto de La Edad de Oro del Pop Español
- 22:00 horas. Praza de España. Concerto de C Marí e D.Valentino
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena co Grupo Florida Band
MARTES 11
- 19:30 horas. Praza de Arturo Souto. Teatro infantil con Inventi: Teatro Tachán!
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Gala de circo da Orquestra de Malavares coa Banda de Música de Salcedo e Pistacatro
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto de Los 40 Sessions
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena coa orquestra Alabama
MÉRCORES 12
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Concerto Bravú Bandástico coa Banda de Música de Pontevedra & Antón Díaz dos Papaqueixos e da Orquestra Bravú Xangai, María do Vinculeiro de Brassica Rapa, Rafa do Caimán do Río Tea e Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte Alto
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto de Sidecars
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena co Grupo Nueva Fuerza
XOVES 13
- 19:00 horas. Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo. Batalla de Flores.
- 21:00 horas. Praza de España. Concerto Érase outra vez. O musical
- 22:30 horas. Praza da Ferrería. Espectáculo PONTEaRIR con Carlos Blanco, Touriñán, Leti da Taberna e Luís Davila
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena coa orquestra La Travesía
VENRES 14
- 19:30 horas. Praza de Arturo Souto. Contacontos infantil. Erea Mora: Lideiras dunha vaca
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Concerto da Orquestra Sinfónica de Pontevedra: Ponte Rock Sinfónico
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto de Miguel Ríos
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena co Grupo Rubí de Vigo
SÁBADO 15
- 12:30 horas. Avenida de Santa María. Misa solemne e procesión de Santa María
- 19:00 horas. Avenida de Santa María. Concerto da Banda de Música de Salcedo
- 19:30 horas. Praza de Arturo Souto. Teatro infantil. Ghazafelhos: Historias para escagharriñarse
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Festival de corais con Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó e Coral Pontis Veteris
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto de De Vacas
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena coa orquestra D´Crisis
- 00:00 horas. Entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago. Espectáculo pirotécnico
DOMINGO 16
- 19:30 horas. Praza de Arturo Souto. Maxia infantil. Xavier Muro: É cousa de maxia
- 20:00 horas. Santa María. Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque por Prudencio Landín, Mestranza, Echegaray, paseo de Colón e San Roque
- 21:00 horas. Praza da Ferrería. Gala Internacional de Ilusionismo Pontemaxia con Maga Melanie, Joshua Kenneth, Román García e Pedro Volta
- 22:30 horas. Praza de España. Concerto de Pastora Soler
- 22:45 horas. Montero Ríos. Verbena coa orquestra Pekados
- 00:00 horas. Entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago. Espectáculo pirotécnico