Non puido o Céltiga seguir escalando posicións e caeu derrotado pola mínima no Salvador Otero, fronte a un Bergantiños que deste xeito se sitúa na zona cómoda da táboa, mentres os branquivermellos retroceden para situarse de novo en zona comprometida.
Nun partido igualado e con poucas oportunidades, os de Carballo aproveitaron a súa ocasión case o fío do descanso, cando Toni superou a Marcos Bermúdez, logrando o único gol do partido.
Tentou reaccionar o Céltiga na segunda parte, pero faltoulle acerto nos metros finais.
Consulta aquí o acta do partido Céltiga-Bergantiños.
Viña o Barbadás de catro derrotas consecutivas, pero gañar en Os Carrís sempre resulta complicado. Comprobouno o Arosa nas súas propias carnes, debendo conformarse cun empate que lle afasta a tres puntos do Cerceda e a zona de play-off.
Os de Jorge Otero tiveron as súas ocasións, a pesar de que lles custou adaptarse ás difíciles condicións do campo, que obrigan a un fútbol moi directo e escasas combinacións. Desta maneira, o partido foi máis intenso que bonito, e o resultado pódese considerar xusto para os méritos duns e outros.
Rodrigo Parreira adiantaba ao conxunto ourensán cun auténtico golazo desde máis de 30 metros, pouco antes de cumprirse a media hora de partido, resultado co que se chegaba ao descanso.
A reacción e o empate arosista viña unha vez máis da man de Sylla, que rescataba un punto para os arlequinados, á hora de xogo.
Consulta aquí o acta do partido Barbadás-Arosa.
Partido de alternativas na Senra. Ribadumia e Silva repartiron puntos nun partido que puido gañar calquera e que non permite a ningún dos dous respirar tranquilo pola proximidade dos postos de perigo.
Os locais adiantáronse aos 38 minutos, cun gol de Adrián Camiño, pero o conxunto coruñés lograría empatar xusto antes do descanso, por medio de Joao Paulo.
Tras o descanso chegaría un minuto tolo, rabasada a hora de xogo, cando o Silva poñíase por diante ao marcar Movilla, pero a resposta do Ribadumia non se facía esperar e Fran Fandiño subía ao marcador o definitivo empate a dous.
Consulta aquí o acta do partido Ribadumia-Silva.