O Tenis de Mesa Monte Porreiro deixou escapar a vitoria ante o Irún Leka Enea tras un intenso duelo que finalizou cun axustado empate a tres.
A igualdade quedou patente non só no marcador global, senón tamén no cómputo total de xogos con once gañados por cada equipo.
O partido arrincou cun dominio claro de André Filipe Coelho, que sorprendeu ao imporse por un contundente 0-3 a Endika Díez no seu primeiro enfrontamento.
Malia todo, a réplica vasca non tardou e Benedek Marton igualou a contenda con outro 3-0 fronte a Nico Galvano.
Martín Bentancor devolveu a esperanza á afección visitante cun traballado triunfo por 0-3 contra Dani Palacios, nun duelo que foi máis disputado do que indica o marcador final; mentres que Benedek Marton volvía aparecer para equilibrar o marcador, esta vez superando 0-3 a Coelho.
Os dous últimos partidos foron auténticas batallas, decidíndose ambos por detalles no quinto xogo.
Bentancor gañou o penúltimo de forma axustada (2-3) ante Endika Díez, pondo por diante ao equipo pontevedrés no momento clave de partido; pero no sexto e definitivo duelo Nico Galvano non foi capaz de superar a Daniel Palacios.
O xogador do equipo pontevedrés logrou empatar un 2-0 en contra, pero no quinto xogo non puido superar ao seu opoñente, cedendo por un 11-6 que estableceu o empate a tres no marcador global.
Consulta a acta neste enlace