Entrada de balde para o amigable entre Teucro e Cangas

Pontevedra
21 de xaneiro 2016

Os dous equipos galegos de Asobal veranse as caras este sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes nun partido que servirá de posta a punto antes da volta da competición

Derbi entre Teucro e Cangas no Municipal
Derbi entre Teucro e Cangas no Municipal / Diego Torrado

Aínda que a competición oficial non se retomará na liga Asobal ata o 6 de febreiro, cando o Teucro visite a cancha do Guadalajara, os afeccionados do equipo azul poderán quitarse o 'mono' esta fin de semana cun amigable de nivel.

En plena etapa de preparación, o Teucro recibe este sábado (20:30 horas) ao Cangas no Pavillón Municipal dos Deportes co obxectivo de lograr unha óptima posta a punto.

Tras varias semanas de adestramentos, cunha parte física importante, Quique Domínguez poderá corrixir aspectos tácticos nos seus xogadores ante un rival que está a realizar unha tempada histórica, situado na terceira praza.

Os dous únicos equipos galegos da máxima categoría volverán verse as caras antes de final de mes, o venres 29, no Gatañal, Cangas.

A entrada para o público no Municipal pontevedrés será de balde.