Entusiasmo na Alameda de Pontevedra co pase de España á final

Pontevedra
15 de xullo 2026

Centos de persoas déronse cita no recinto da Alameda onde a Deputación de Pontevedra decidiu instalar a pantalla xigante para seguir a semifinal do mundial

Moita mocidade na Alameda para ver o partido
Moita mocidade na Alameda para ver o partido / PontevedraViva

Os goles de Oyarzabal e de Pedro Porro fixeron saltar aos centos de persoas que na noite deste martes 14 déronse cita na Alameda de Pontevedra para seguir o partido de semifinais do Mundial 2026 entre as seleccións de España e Francia.

Se en anteriores ocasións, a Deputación de Pontevedra instalara a pantalla xigante en Montero Ríos, diante da fachada do edificio do Pazo provincial, nesta ocasión decidiron situala entre a arboleda da Alameda da capital.

Público na Alameda para ver a semifinal do Mundial
Público na Alameda para ver a semifinal do MundialPontevedraViva

O cambio non supuxo impedimento para que máis afeccionados que nas anteriores eliminatorias acudiran a este espazo para seguir a exhibición do equipo que dirixe De la Fuente. Moitos deles xa se atopaban na Alameda corenta minutos antes do inicio do choque creando un ambiente festivo.

Público para ver o partido entre España e Francia
Público para ver o partido entre España e FranciaPontevedraViva

A maioría do público era novo e portaban bandeiras e bufandas ou vestían camisetas da selección.

Todo fai prever que o domingo 19, cando se celebre a final da cita mundialista, volverá a instalarse a pantalla no mesmo espazo para ver o encontro de España contra o gañador da outra semifinal que se disputa este mércores entre Inglaterra e Arxentina.

Público para ver o partido entre España e Francia do Mundial 2026
Público para ver o partido entre España e Francia do Mundial 2026PontevedraViva

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora