Equipos de Galicia e Portugal participarán no IV Open Cidade do Lérez de taekwondo

Pontevedra
14 de xuño 2017

O pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe será escenario o vindeiro sábado dunha competición que congregará 390 deportistas desde a categoría infantil ata a absoluta

Toño Ríos e Anxos Riveiro presentan o IV Open Cidade do Lérez de Taekwondo
Toño Ríos e Anxos Riveiro presentan o IV Open Cidade do Lérez de Taekwondo / PontevedraViva

O pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe será escenario do próximo sábado 17 de xuño do IV Open Cidade do Lérez de taekwondo.

O Taekanart preparou unha longa xornada de competición na que participarán ata 390 deportistas de 29 clubs de toda Galicia e tamén chegados desde Portugal.

"Teremos medallistas nacionais e internacionais", recoñece Toño Ríos como responsable da organización.

A competición de combate arrincará ás 9:00 horas coas categorías infantil, precadete e a absoluta, e tras unha pausa para a comida continuará a partir das 16:00 horas para os deportistas cadete e junior.

Co obxectivo de axudar a custear a competición estableceuse unha entrada de 5 euros para toda a xornada, aínda que os menores de 12 anos poderán acceder ao pavillón de balde.