Esixente cita para o Arxil no CGTD fronte o Azkoitia Azpeitia

Pontevedra
27 de febreiro 2021

Esixente partido o que terá que disputar o Club Baloncesto Arxil este domingo no pavillón do Centro Galego de Tecnificacion Deportiva fronte ao Azkoitia Azpeitia ás 12:00 horas.  O equipo vasco, terceiro clasificado con 15 vitorias e 5 derrotas, poñerallo complicado a un Arxil que non afrontou unha das súas mellores semanas a pesar da vitoria lograda o domingo pasado ante o Adareva

Partido entre Arxil e Miralvalle no CGTD
Partido entre Arxil e Miralvalle no CGTD / Cristina Saiz

Esixente partido o que terá que disputar o Club Baloncesto Arxil este domingo no pavillón do Centro Galego de Tecnificacion Deportiva fronte ao Azkoitia Azpeitia ás 12:00 horas. 

O equipo vasco, terceiro clasificado con 15 vitorias e 5 derrotas, poñerallo complicado a un Arxil que non afrontou unha das súas mellores semanas a pesar da vitoria lograda o domingo pasado ante o Adareva.

Así, tras unha semana que consistiu en recuperación máis que en preparación e coa ausencia de María Lago lesionada no último partido celebrado en Canarias, o equipo de Mayte Méndez enfrontarase a unha das citas máis complicadas da tempada.

"É un equipo cun quinteto de gran potencial, con tres estranxeiras de primeiro nivel, ademais de nacionais como Lizarazu e Iparagirre, que conta con experiencia en liga 1", sinala a adestradora arxilista.

É por iso que as pontevedresas tratarán de seguir realizando unha boa defensa, "clave" para que as vascas non poidan xogar liberadas en ataque. "Gústalles moito o xogo rápido, con moito un contra un no que senten cómodas", recoñece Méndez.

O encontro entre o Arxil e o Azkoitia Azpeitia disputarase, despois dun mes sen público, cun aforo limitado de ata 60 persoas e será retransmitido pola Canle da FEB.