España devora a Estados Unidos no Municipal de Pontevedra (34-13)

Pontevedra
17 de xullo 2019

Plácida vitoria dos Hispanos no seu partido de debut no Mundial junior de balonmán disputado este martes no Pavillón Municipal de Pontevedra ante unha fráxil selección estadounidense que non opuxo resistencia

Debut de España no Mundial Junior de Balonmán de Pontevedra e Vigo con victoria sobre Estados Unidos
Debut de España no Mundial Junior de Balonmán de Pontevedra e Vigo con victoria sobre Estados Unidos /

Debut soñado para España. A selección pechou o seu primeiro partido cunha esmagadora vitoria sobre o débil combinado de Estados Unidos, confirmou a súa candidatura para revalidar o título mundial e fixo gozar ao público que se achegou ao Pavillón Municipal de Pontevedra para presenciar o primeiro e único encontro da fase de grupos que os Hispanos disputarán na cidade do Lérez.

O desenlace do encontro quedou claro no primeiros quince minutos de partido polo que a festa coa que a cidade recibiu a España prolongouse durante os sesenta minutos de xogo e continuou ao remate do partido coa celebración da cerimonia inaugural na que actuou o grupo pontevedrés Broken Peach.

Empezou o partido con gol de Estados Unidos na súa primeira posesión, pero a vantaxe non lles durou nin vinte segundos. O furacán español desatouse co tanto de Pérez Arce. Tentaron responder os americanos pero o lanzamento desde o punto de penalti atopouse cun insuperable Kilian Ramírez. O gardameta detivo un segundo lanzamento desde os sete metros aos poucos minutos e cando o combinado visitante podía reducir diferenzas, sacou unha perna increible para repeler un lanzamento.

Mentres Ramírez paraba, o resto do combinado español pasábao en grande sobre o parqué do Municipal. Os goles foron caendo de todas as formas. Gonzalo Pérez Arce e Mikel Zabala convertéronse en dous puñais desde o extremo. Os tiros de Ian Tarrafeta parecían mísiles teledirigidos e as internadas do exteucrista Natan Suárez acabaron por destruír a resistencia norteamericana.

España divertíase e a afección tamén. Os de Isidoro Martínez alternaban contragolpes fulgurantes con xogadas elaboradas movendo o balón e intercambiando posicións a velocidade supersónica. E en só un cuarto de hora de xogo o partido estaba sentenciado (12-2).

Tras un parcial de 6-0 a favor dos europeos, que non frearon a súa vocación ofensiva nin coas catro exclusións sufridas, Isidoro Martínez moveu o banco. Pero lonxe de perder ritmo competitivo, o apetito español creceu. En apenas cinco minutos o extremo do Barcelona, Mamadou Diocou esnaquizou os restos da xa maltreita liña defensiva de Estados Unidos, que xa só podía agarrarse á inspiración do seu gardameta Nicolas Robinson para cortar a hemorraxia. Nin sequera o conseguiu, pois Diocou plantouse ata en cinco ocasiones diante da súa cara e o balón, despois de eléctricos amagos, sempre acabou no fondo da rede.

Cun demoledor 21-5 chegouse ao final da primeira parte. E a segunda foi carne sen ósos. O partido caracterizouse por un exquisito xogo limpo por parte de ambas as escuadras. A pesar do severo castigo sufrido polos americanos en ningún momento trataron de cortar o xogo de España con accións antideportivas. Salvo no minuto 37 de xogo cando Sebastian Klerud atropelou bruscamente a Adriá Martínez. Tarxeta vermella que o visitante aceptou sen protestar.

Caeron os minutos e tamén os goles, pero a menor ritmo. Coa vitoria asegurada, os españois baixaron o nivel. De non facelo, o resultado podería ser histórico. Aínda así, a Selección sae reforzada do seu debut en Pontevedra no Mundial Júnior cunha incontestable vitoria (34-13) sobre uns débil Estados Unidos, que deberá mellorar o seu rendemento se quere estar na próxima rolda.

FICHA TÉCNICA

España: Kilian Ramírez (p), Natan Suárez (1), Mikel Amiblia (1), Eneko Goenaga, Antonio Serradilla (1), Mikel Zabala (5) y Gonzalo Pérez Arce (6). También jugaron Álvaro Martínez Lobato (2), Iván Montoya, Ian Tarrafeta (4), Pau Oliveras (2), Daniel Broto, Miguel Martínez (3), Mamadou Diocou (6), Adriá Martínez (2) y Pol Valera (1)

Estados Unidos: Nicolas Robinson (p), Joseph Bengozi (1), Alexander Baltagi (2), Amar Amitovic (2), Aaron Hamm, Sebastian Klerud (2), Paul Skorupa. También jugaron: Rene Ingram, Amili Seifert (5), William Kennedy, Austin Koury, Nikolas Zarikos, Jonas Stromberg (1), Zachary Rietz, Jakov Kutlesa y Marko Babic.

Marcador cada cinco minutos: 3-1, 7-2, 12-2, 16-4, 19-5, 21-5 (descanso), 22-7, 24-8, 27-9, 29-11, 33-13, 34-13 (final)

Árbitros: Belkhiri Youcef y Hamidi Sid Ali (Argelia) excluiron aos españois Álvaro Martínez (x2), Eneko Goenaga (x2), Antonio Serradilla (x2) e Pau Oliveras; ademais dos estadounidenses Alexander Baltagi, Sebastian Klerud, Nikolas Zarikos y Jakov Kutlesa (x2). Expulsaron no minuto 37 ao estadounidense Sebastian Klerud.

Incidencias. Partido que corresponde á primera xornada do Grupo A do Mundial Junior de Balonmano disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra ante 700 persoas.