Especial homenaxe a Pablo Vázquez, último 'One Club Man' do Pontevedra CF

Pontevedra
16 de febreiro 2024

Ex-xogadores, directivos e afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol celebraron este venres o seu tradicional encontro no que homenaxearon a Pablo Vázquez, retirado no 2002 e último 'One Club Man' do equipo

Cota, Churruca, Pablo Vázquez, Martín Esperanza e Luis Rivas
Cota, Churruca, Pablo Vázquez, Martín Esperanza e Luis Rivas / PontevedraViva

Ex-xogadores, directivos e afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol celebraron este venres o seu tradicional encontro cun toque un tanto especial.

E é que na reunión homenaxeouse a un dos grandes capitáns da historia recente do club, Pablo Vázquez, retirado no 2002 e último 'One Club Man' do Pontevedra. O lateral non só se formou nas categorías inferiores senón que na súa etapa sénior só defendeu a elástica granate na Segunda División B.

En total foron 288 partidos oficiais coa entidade de Pasarón ao longo de 12 tempadas, ata a 2001-2002, cando unha grave lesión de xeonllo obrigoulle a deixalo. 

Agora, 22 anos despois e tras pasar tamén polos bancos do club, recibiu un merecido recoñecemento á súa traxectoria nunha xornada que na que se celebrou a tradicional misa no santuario da Peregrina e a comida na Leira Batacos.