A desescalada do confinamento polo coronavirus comezou, e con ela, a opción de realizar deporte fóra da casa dentro do horario permitido: de 6:00 a 10:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas.
É por iso, que desde o Servizo Municipal de Deportes enviaron unha serie de recomendacións para aquelas persoas que decidan nadar no río Lérez pensando especialmente en nadores e triatletas de elite, toda vez que non poden desplazarse en coche ata un lugar como o encoro de Pontillón do Castro, lugar habitaul de adestramentos.
En primeiro lugar, a saída terá que facerse desde a praia fluvial, e todos os deportistas deberán utilizar un traxe de neopreno, un gorro de baño de cor rechamante e unha boia de natación de augas abertas.
En canto á beira por onde se nadará, será sempre pegados ao bordo Sur, á beira da praia fluvial e ao barrio de Monte Porreiro. O centro do río será para piraguas e botes de remo.
Por último, desde o Concello recomendan o acompañamento de alguén por terra, para así manter a vixilancia pola posible proximidade das piraguas e avisar no caso de que sexa necesario.