Intenso duelo o que se viviu esta fin de semana entre o Arxil e o Segle XXI en Barcelona. Choque directo que tiveron da súa man as visitantes pero que, finalmente, metéronse as catalás no peto, para volver puntuar a falta dunha soa xornada para o final da tempada. As pontevedresas, con todo, habendo estando en mínima desvantaxe durante gran parte do partido, tiveron que regresar a casa cun amargo sabor de boca polo que puido ser.
Comezaron algo frouxas as de Mayte Méndez. Un primeiro cuarto dominado polas locais (18-8) auguraba o que sería un encontro complicado para as primeiras. No segundo período, igualmente positivo para as catalás, as arxilistas recortaron algo de distacia, pero, finalmente, marcharon ao descanso cunha desvantaxe de 16 puntos (35-19).
Coa continuación chegou tamén a intensidade no bando visitante. As pontevedresas afianzaron o seu xogo ofensivo, o que fixo que conseguisen sumar 22 puntos. Con todo, diversos erros en defensa fixeron que as barcelonesas conseguisen outro tanto.
Así, o últimos dez minutos comezarían cun 57-41 no electrónico. No cuarto definitivo, as do Arxil lideraron o xogo, finalizando cun parcial positivo (13-17), pero non o suficiente como para darlle a volta ao partido (70-58).
A próxima semana, na última xornada do curso, as pontevedresas recibirán no CGTD ao Cerdanyola, pechacancelas da categoría con pleno de derrotas esta tempada. Así que as de casa teñen o vento de fronte para poñer fin ao ano cun resultado positivo.