O Pontevedra quere facer bo o empate da primeira xornada en Guijuelo, e para iso necesita vencer este domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ao Mutilvera navarro.
Os granates estréanse ante a súa afección contra un rival recentemente ascendido pero "complicado, que sobre todo a balón parado fai moito dano", recoñece Luisito.
O técnico quere evitar verse sorprendido polo cadro navarro nunha partido trampa, no que espera que o Mutilvera "ceda o balón, vainos esperar á contra e nas xogadas a balón parado, iso nós o sabemos", asegura, polo que "temos que ser fieis ao noso estilo" e, sobre todo, "non xogar ao ritmo deles".
Sairá por tanto o Pontevedra a por o partido, e farao con todo o seu arsenal dispoñible. Luisito convocou a todos os futbolistas do primeiro plantel, incluído Iker Alegre que evolucionou máis rápido do esperado da súa lesión de xeonllo, aínda que a súa participación segue sendo dubidosa. Unha vez no estadio o adestrador granate fará descartes para conformar a convocatoria de 18 futbolistas.
Quere o preparador "facer de Pasarón un estadio complicado para todos os rivais", e iso pasa por tamén por ofrecer boa imaxe diante dunha afección ansiosa xa por ver as evolucións do seu equipo e das novas incorporacións.
O colexiado designado para o encontro é o asturiano Pablo Fernández Pérez.