A primeira edición da 'Exhibición Solidaria 4x4' de Caldas de Reis converteuse este sábado nun auténtico espectáculo do motor.
O alcalde José Manuel Rey e o tenente de alcalde Manuel Fariña non dubidaron en subirse a un dos vehículos participantes para probar en primeira persoa as esixentes características do circuíto.
O evento, que se desenvolve durante toda a xornada nunha parcela de sete hectáreas en Rabexe, onde se viron impresionantes manobras dos vehículos 4x4 sobre un circuíto especialmente deseñado con gabias, ramplas e obstáculos espectaculares.
A iniciativa, ademais do seu carácter deportivo e lúdico, ten un importante compoñente solidario.
Ttanto a participación como a asistencia son gratuítas a cambio de xoguetes que serán destinados á rapazada afectada pola DINA en Valencia.
O circuíto, que permanece aberto durante toda a xornada, conta coa participación de diferentes tipos de vehículos, desde todoterreos tradicionais ata 'semi monster trucks', 'buggies' e 'quads', que demostran a súa destreza nun espazo acondicionado e sinalizado segundo os niveis de dificultade.
A intención de Manuel Fariña é que este evento pase a se converter nunha cita anual consolidada dentro da programación das festas de Nadal en Caldas, destinada a afección ao motor e coa idea de incrementar actividades complementarias.

Exhibición 4x4 en Caldas (1)

Exhibición 4x4 en Caldas (1)

Exhibición 4x4 en Caldas (2)

Exhibición 4x4 en Caldas (3)

Exhibición 4x4 en Caldas (4)

Exhibición 4x4 en Caldas (5)

Exhibición 4x4 en Caldas (6)

Exhibición 4x4 en Caldas

Exhibición 4x4 en Caldas (1)

Exhibición 4x4 en Caldas (1)

Exhibición 4x4 en Caldas (2)

Exhibición 4x4 en Caldas (3)

Exhibición 4x4 en Caldas (4)

Exhibición 4x4 en Caldas (5)

Exhibición 4x4 en Caldas (6)

Exhibición 4x4 en Caldas