Exhibición a todo motor en Caldas de Reis

Umia
14 de decembro 2024

Este sábado 14 de decembro vehículos como todoterreos 'semi monster trucks', 'buggies' e 'quads' participaron da primeira 'Exhibición Solidaria 4x4' nunha parcela de sete hectáreas en Rabexe

Exhibición 4x4 en Caldas Concello de Caldas de Reis

A primeira edición da 'Exhibición Solidaria 4x4' de Caldas de Reis converteuse este sábado nun auténtico espectáculo do motor.

O alcalde José Manuel Rey e o tenente de alcalde Manuel Fariña non dubidaron en subirse a un dos vehículos participantes para probar en primeira persoa as esixentes características do circuíto.

O evento, que se desenvolve durante toda a xornada nunha parcela de sete hectáreas en Rabexe, onde se viron impresionantes manobras dos vehículos 4x4 sobre un circuíto especialmente deseñado con gabias, ramplas e obstáculos espectaculares.

A iniciativa, ademais do seu carácter deportivo e lúdico, ten un importante compoñente solidario.

Ttanto a participación como a asistencia son gratuítas a cambio de xoguetes que serán destinados á rapazada afectada pola DINA en Valencia.

O circuíto, que permanece aberto durante toda a xornada, conta coa participación de diferentes tipos de vehículos, desde todoterreos tradicionais ata 'semi monster trucks', 'buggies' e 'quads', que demostran a súa destreza nun espazo acondicionado e sinalizado segundo os niveis de dificultade.

A intención de Manuel Fariña é que este evento pase a se converter nunha cita anual consolidada dentro da programación das festas de Nadal en Caldas, destinada a afección ao motor e coa idea de incrementar actividades complementarias.