Éxito de participación na cuarta edición da Pontevedra 4 Picos

Pontevedra
12 de maio 2018

Preto de 1.400 ciclistas participaron este sábado nunha nova edición da proba de  BTT Maratón, que contou cun percorrido de 132 quilómetros e ascensións aos altos de Monte Castrove, Pontillón do Castro, A Fracha e Lago de Castiñeiras

Tres primeiros clasificados da Pontevedra 4 Picos Bike 2018
Tres primeiros clasificados da Pontevedra 4 Picos Bike 2018

Toda unha festa do ciclismo BTT. Así se viviu este sábado a cuarta edición da Pontevedra 4 Pico  Bike Desafío Rías Baixas.

Preto de 1.400 ciclistas tomaron parte na proba, cuxa ruta longa deu o pistoletazo de saída ás 8:30 horas desde o Recinto Feiral. Era o principio de 132 quilómetros con ascensións aos altos de Monte Castrove, Pontillón do Castro, A Fracha e Lago de Castiñeiras.

Tratábase como en edicións anteriores dun evento non competitivo, sendo o primeiro dos participantes en cruzar a meta foi Víctor González Gende tras 5 horas 47 minutos e 55 segundos.

Media hora despois da primeira saída, foi a quenda dos deportistas inscritos na metade do percorrido, os 2 Picos, con 66 quilómetros de ruta.

Consulta aquí as clasificacións completas da Pontevedra 4 Picos Bike 2018.