Facer un partido serio e non conceder erros, obxectivo do Cisne para defender o liderado ante o Soria

Pontevedra
26 de novembro 2021

O Club Cisne Balonmano deberá superar este sábado a todo un Balonmano Soria se quere seguir líder da División Honra Prata (Pavillón Municipal dos Deportes, 18:00 horas). Os brancos deben "hacer un buen partido" no que non poden conceder ningún erro

O Cisne vence o Guadalajara no Pavillón de Príncipe Felipe
O Cisne vence o Guadalajara no Pavillón de Príncipe Felipe / Cristina Saiz

Volver gañar despois da derrota ante o Alcobendas da semana pasada é o obxectivo do Club Cisne Balonmano, que debe superar este sábado a todo un Balonmano Soria se quere seguir líder da División Honra Prata (Pavillón Municipal dos Deportes, 18:00 horas).

"Es un equipo nuevo en la categoría, pero con su situación en la clasificación (sexto con sete puntos) y la forma de jugar y de afrontar los partidos hace que parezcan unos veteranos", analiza o segundo adestrador branco, Quiños, que explica que en todos os partidos disputados "han llegado vivos al final".

En parte débese aos xogadores versátiles cos que conta, entre os que sobresaen Fernando Nevado, Diego Fernández, Javier Gutiérrez ou os gardametas Miranda e Javier González. Ademais, en tarefas ofensivas, Quiños fai fincapé no "contragol muy trabajado y los desmarques de José Andrés Torres, pivote que a la mínima que le concedes te hace daño y que destaca en el aspecto goleador".

Iso poñerá dificultades ao Cisne, que debe "hacer un buen partido y serio" no que non pode conceder ningún erro porque "a la mínima lo van a aprovechar y harán lo posible por ganar", avanza Quiños.