Facu Ballardo: "Quédanos un mes moi importante e sobre todo o sábado, que é chave"

Pontevedra
29 de abril 2026

O centrocampista arxentino cre que o partido do Pontevedra este sábado 2 de maio en Ferrol é "chave para o que vén, para o final de tempada"

Facu Ballardo, nun adestramento do Pontevedra
Facu Ballardo, nun adestramento do Pontevedra / Pontevedra CF SAD

O Pontevedra Club de Fútbol chega ao mes decisivo do campionato "ben, con ilusión, con moitas ganas", asegurou este mércores desde a sala de prensa de Pasarón Facu Ballardo en nome do primeiro plantel granate.

Para o centrocampista arxentino en todo caso o partido deste próximo sábado 2 de abril (16.15 horas) na Malata fronte ao Racing de Ferrol é "chave para o que vén, para o final de tempada".

"Quédanos un mes moi importante e sobre todo o sábado, que é chave", repetiu sobre o derbi.

"Sabemos que temos esa responsabilidade tamén de enganchar á xente, de metelos aí, de soñar con esa posibilidade de entrar no play-off", asegurou Facu a preguntas dos medios de comunicación.

Para lograr o novo e ambicioso obxectivo será importante o apoio dunha afección que nas últimas semanas están a envorcarse co equipo e que esgotou en apenas día e medio as entradas dispoñibles para o sector visitante da Malata.

"A verdade que dá gusto e para nós é un apoio, é aire. Cando estamos cansos miramos, non paran de animar e este sábado van ser unha peza moi importante", cree Ballardo sobre a afección pontevedresa.

No que respecta ao rival, o Racing de Ferrol, a sete puntos do Pontevedra e do play-off, Facu Ballardo non os descarta aínda da pelexa.

"É un equipo que vai pelexar polo play-off, aínda matematicamente teno, así que nos imos a atopar un partido moi duro, no que nós temos o noso plan, que hai que seguir a morte. Se o seguimos e estamos acertados, traerémonos os tres puntos", defendeu o centrocampista.