Falece Seve Penelas, socio e afeccionado histórico do Pontevedra CF

Pontevedra
13 de novembro 2022

Penelas, moi coñecido na cidade tamén por rexentar durante anos o local 'Casa Lores', faleceu este sábado 12 de novembro aos 91 anos de idade. A Basílica de Santa María acollerá este luns un funeral na súa memoria

Seve Penelas, no vídeo promocional da campaña de socios do Pontevedra CF 21-22
Seve Penelas, no vídeo promocional da campaña de socios do Pontevedra CF 21-22 / Pontevedra Club de Fútbol SAD

O Pontevedra Club de Fútbol vestiu de novo de loito esta fin de semana, aínda que esta vez non foi por un ex-xogador ou lenda do club, senón por un afeccionado que deixou pegada pola súa fidelidade.

Este sábado 12 de novembro faleceu Severino Penelas 'Seve', histórico afeccionado e socio da entidade granate, na que ostentaba un dos números de abonado máis baixos, o número 3.

Moi coñecido na cidade por rexentar durante décadas e ata principios dos 90 a local 'Casa Lores', Seve Penelas faleceu aos 91 anos de idade.

A Real Basílica de Santa María a Maior acollerá este luns 14 de novembro un funeral na súa memoria a partir das 18.00 horas da tarde.