A camiseta do Pontevedra contará cunha nova firma patrocinadora ata final de tempada, en virtude do acordo asinado entre o club e a empresa Fe Seguros no día do 74 aniversario do club granate.
O seu logotipo irá impreso na manga da camiseta, nunha relación que esperan poder prolongar a final de liga.
Aínda que as cantidades do acordo non se fixeron públicas, Fe Seguros convértese en "uno de los sponsor principales" da entidade, explicou a presidenta granate, Lupe Murillo, o que supón unha importante axuda á economía da entidade.
Na firma do acordo, os representantes da aseguradora sinalaron que "formar parte del Pontevedra es algo especial".
Ademais da camiseta e valado no Estadio de Pasarón, a empresa involucrarase co Pontevedra regalando e sorteando entre os seus clientes equipacións completas do equipo.