O Pontevedra Club de Fútbol moveuse rápido para cubrir a sensible baixa por lesión de longa duración de Tiago Rodríguez, tras confirmarse que sofre a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo.
O conxunto granate, que contaba con dúas fichas sénior dispoñibles máis a que deixaba no aire o propio Tiago, anunciou a última hora deste venres a incorporación de Fede Vico.
Centrocampista ofensivo de 31 anos, o andaluz acumula unha ampla experiencia no fútbol profesional, tendo xogado en Primeira División co Córdoba e o Granada, pero sobre todo en Segunda División en equipos como Albacete, Lugo, Leganés, Alcorcón e Eldense.
Esta campaña baixara un chanzo, até a Primeira RFEF, coa UD Ibiza do Grupo II, ata que a principios de xaneiro desvinculouse da entidade balear.
Actualmente atopábase sen equipo.
Un movemento co que recuperar fondo de armario no plantel granate e tamén experiencia, de cara a unha segunda volta de campionato na que, tal e como recoñecía leste mesmo venres Rubén Domínguez, "o reto do Pontevedra é soñar".
Co Ibiza participou nos primeiros 15 partidos de liga, partindo en 10 deles como titular e achegando un tanto.
O seu compromiso co Pontevedra é inicialmente até final de tempada.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.