Federación Galega e o Club Verducido deixan atrás diferenzas e únense para promocionar o piragüismo

Pontevedra
05 de abril 2018

Un vez superados os desencontros entre as dúas entidades, ambas a dúas se unen co obxectivo de dar maior visibilidade ao piragüismo no encoro pontevedrés e para tentar mellorar as súas instalacións

Reunión da Federación Galega e o Piragüismo Verducido
Reunión da Federación Galega e o Piragüismo Verducido / Federación Galega Piragüismo

Unidos por unha boa causa, promocionar o seu deporte. A Federación Galega de Piragüismo e o Club Piragüismo Verducido Pontillón deixaron atrás as diferenzas que lles enfrontaron nos últimos meses.

José Alfredo Bea, presidente da Federación, e Juan Sabarís, presidente do club deportivo pontevedrés, mantiveron un encontro nas instalacións do Complexo Deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro no que trataron diversos asuntos co obxectivo de fomentar o deporte da piragua.

Ademais ambas as entidades falaron sobre posibles melloras a acometer na pista de piragüismo que comparten en Verducido.

Todo o tratado será agora trasladado á Secretaría  Xeral para o Deporte nunha próxima reunión entre a administración autonómica e a Federación, segundo explicou o organismo reitor do piragüismo autonómico.

Doutra banda o club e a Federación Galega convidarán as asociacións da contorna a un encontro no que discutir ideas sobre futuros eventos a realizar no  Pontillón do Castro.