Festa do baloncesto escolar en Montero Ríos

Pontevedra
02 de xuño 2016

Máis dun milleiro de alumnos de centros educativos de Pontevedra participaron durante a mañá deste xoves na XV edición do 3x3 na Rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil

XV 3x3 Escolar na Rúa do Club Baloncesto Arxil
XV 3x3 Escolar na Rúa do Club Baloncesto Arxil / Mónica Patxot

A XV edición do 3x3 na Rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil encheu de deporte e cor a Avenida Montero Ríos durante a mañá deste xoves.

Un total de 1.163 alumnos de Primaria de centros educativos da cidade participaron no evento, convertido nunha festa do baloncesto escolar.

Na céntrica avenida instaláronse 30 canchas de baloncesto para xogar ata 600 partidos.

Formáronse 257 equipos de alumnos do Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Campolongo, Froebel, Álvarez Limeses, Barcelos, San Martiño, Manuel Vidal Portela e Carballal, ademais de usuarios da Asociación Virgen de la O.