Fin á experiencia de Águeda Cons no Europeo de Conpenhague

Pontevedra
17 de decembro 2017

A nadadora pontevedresa despediuse do Campionato de Europa Absoluto de Piscina Curta de Copenhague participando este domingo na proba dos 400 libre

Águeda Cons (esquerda), no Europeo de Copenhague
Águeda Cons (esquerda), no Europeo de Copenhague / Federación Galega de Natación

A primeira gran cita de Águeda Cons co equipo nacional absoluto de natación cego ao seu fin este domingo, na última xornada do Campionato de Europa Absoluto de Piscina Curta en Copenhague.

A nadadora pontevedresa, que o mércores concluíu no posto 12 no 800 libre, afrontou este domingo a súa segunda proba na competición no 400 libre.

Águeda foi novena na súa serie cun tempo de 4:15.14, quedándose a cinco segundos da súa mellor marca, o que lle privou de avanzar ata a final.

A pesar de todo a súa participación no Europeo resultou positiva, achegando unha valiosa experiencia tendo en conta que a nadadora do Galaico conta aínda con só 17 anos.