Fin á exposición polo 75 aniversario do Pontevedra

Pontevedra
09 de xaneiro 2017

A exposición, inaugurada o pasado 10 de outubro coincidindo cos actos de aniversario do club granate, recibiu a visita de "milleiros de persoas", segundo os datos da Deputación

Último día da exposición polo 75 aniversario do Pontevedra
Último día da exposición polo 75 aniversario do Pontevedra / Mónica Patxot

Case tres meses despois da súa inauguración, a exposición polo 75 aniversario do Pontevedra Club de Fútbol bota o peche.

A mostra recibiu "milleiros de visitantes" desde o pasado 10 de outubro no Pazo Provincial da Deputación, segundo a propia administración provincial.

Grupos escolares, colectivos cidadáns e persoas que se achegaron á Deputación para realizar xestións, puideron observar os paneis, trofeos e obxectos da historia do Pontevedra, con especial atención á etapa do 'Hai que Roelo'.

Segundo recoñeceu no seu momento o comisario da exposición, o xornalista Xabier Fortes, a mostra pretende ser o xerme dun futuro museo da historia do club granate.