Fin de semana madrileño para o Waterpolo Galaico

Pontevedra
13 de marzo 2015

O club pontevedrés afronta un 'stage' de dous días en Madrid no que xogará ata catro encontros con clubs locais

Javi de Sáa charla cos seus xogadores nun partido entre Waterpolo Pontevedra e Santiago
Javi de Sáa charla cos seus xogadores nun partido entre Waterpolo Pontevedra e Santiago / Diego Torrado

Intensa fin de semana a que espera o equipo sénior masculino do Club Waterpolo Galaico, que afronta en Madrid un 'stage' de dous días co obxectivo de acumular experiencia competitiva.

O equipo adestrado por Javi de Sáa xogará na capital catro partidos en só dous días contra equipos locais que lle servirán para preparar o tramo final de tempada coa disputa da semifinal polo título da Liga Galega de Primeira División.

O Galaico xogará o sábado en horario matinal ante o Real Canoe B, filial do conxunto que milita en División de Honra, e xa pola tarde enfrontarase ao CN Pozuelo.

Para o domingo quedarán os choques amigables ante o AR Concepción B, tamén filial dun equipo da máxima categoría, e ante o Brains Waterpolo.