Froiz reparte 1.000 entradas 'xove' para o Pontevedra-Murcia

Pontevedra
19 de maio 2017

A cadea de supermercados adquiriu 1.000 localidades para o encontro, válidas para menores de 18 anos para calquera das bancadas, que repartirá no Hiper Froiz durante a tarde deste venres e a mañá do sábado

Venda de entradas para o Pontevedra-Murcia
Venda de entradas para o Pontevedra-Murcia / Mónica Patxot

Unha das empresas máis recoñecidas da cidade, Supermercados Froiz, decidiu colaborar activamente co Pontevedra na primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División ante o Real Murcia.

Para iso adquiriu un paquete de 1.000 entradas 'Xove' para o choque deste sábado (20:00 horas)en Pasarón que repartirá de maneira gratuíta.

As localidades serán válidas para calquera das bancadas do estadio, para o público menor de 18 anos.

Estas entradas poderán retirarse no Centro Hiper Froiz da rúa Cobián Roffignac de 18:00 a 20:00 horas durante o venres e de 11:00 a 14:00 horas do sábado, estando despois dispoñibles na sección 'Información' do hipermercado.